Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

DURAN E ARAGUNDE DECEPCIONADOS COS ORZAMENTOS DO ESTADO
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, e o portavoz do PP de Cambados, Luis Aragunde, expresaron esta mañá a súa decepción porque os orzamentos do Estado non incluen ningunha partida para dous proxectos. Por un lado, a creación dunha pequena ponte de 60 metros no lugar de Rego do Alcalde, que forma parte da senda entre Tragove e a praia vilanovesa de As Patiñas. Trátase dunha zona pola que decorre a Ruta do Padre Sarmiento pero cando está a marea alta non se pode pasar e é necesario dar un rodeo. Segundo Gonzalo Durán, esta actuación fora comprometida…
Read the full description
pola anterior xefa de Costas do Estado por valor de 80.000 euros e agora queda fora dos orzamentos estatais. Por outra banda, o portavoz popular de Cambados, Luis Aragunde, recrimina ao goberno de España que deixe de lado a construcción dun novo cuartel da Garda Civil. Aragunde califica de “maquillaxe” a mellora que se realizará nas dependencias por importe de 180.000 a través de fondos provinciais.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.