Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O ALCALDE DE CALDAS NON DEMITIRA E DEIXA EN MAS DA MILITANCIA O SEU FUTURO NO PARTIDO
O alcalde de Caldas, Juan Manuel Rey, mantén a súa inocencia e asegura que non demitirá nin abandonará o PSOE por vontade propia. Será a asemblea de militantes da agrupación socialista de Caldas na súa reunión de hoxe a que decida sobre o seu futuro dentro do partido. O rexedor de Caldas manifestábase así na rolda de prensa na que compareceu hai uns minutos trala decisión xudicial que abre xuizo oral contra el por suposta malversación de fondos públicos. Na súa comparecencia ante os medios Juan Manuel Rey acusou á xuiza de falta de respeto cara a súa persoa ó utilizar na redacción da súa…
Read the full description
imputación un corta pega doutro auto no que figuraba o nome doutro rexedor, Dixo tamén que trasladará a información sobre o auto a todas as casas do municipio, ademáis de realizar traballos para a comunidade, como limpeza de rúas e a plantación de árbores na carballeira. O alcalde non quiso adiantar o que vai propoñer esta noite ós militantes na asemblea , na que estará presente a secretaria de organización do PsdeG, Pilar Cancela. Sí anunciou que o seu avogado solicitará a nulidade das actuacións. Son as intencións de Juan Manuel Rey que desvelaba nesa rolda de prensa que recolleu para AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA a nosa compañeira Alba Piñeiro..
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.