Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

A FABRICA DA LUZ DE SEGADE XA E PROPIEDADE DO CONCELLO DE CALDAS
Ledicia en Caldas porque a finca e a fábrica de Segadem coñecida popularmente como a “fábrica da luz”, xa son propiedade do Concello, tras 5 anos de trámites. O alcalde, Juan Manuel Rey, non oculta a súa satisfacción despois de conseguir pechar co representantes de Gas Natural Fenosa, ata agora propietaria dos terros, o acordo de compra-venta. A adquisión realizouse a través do Plan Concellos da Deputación, cun investimento de 70.000 euros. O obxectivo municipal é que este enclave se convirta nunha zona de desenvolvemento turístico. En todo caso, a posta en marcha de calquera proxecto será a…
Read the full description
longo prazo e mesmo despóis desta lexislatura. O plan de usos do edificio da fábrica todavía está por definir e aprobarase en pleno da corporación. O que sí está máis avanzado é a creación dunha ruta de sendeirismo que unirá Segade co parque natural de Barosa, en Barro. Ademáis, prevese tamén un proxecto paisaxístico. Para elo, o Concello pretende contar de novo co respaldo da Deputación. Así o decía esta mañá o alcalde, Juan Manuel Rey, nunha rolda de prensa acompañado da presidenta da Deputación, Carmela Silva, que de seguida recolleu a petición e comprometeu unha nova colaboración da institución provincial.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.