skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

OS PANTALANS DO NAUTICO DE SANXENXO RECIBEN O APOIO EXPLICITO DO PATRON MAIOR DA CONFRARIA E DE DEPORTISTAS OLIMPICOS

O Club Náutico de Sanxenxo segue defendendo a lexitimidade dos seus polémicos pantaláns pero agora faino co apoio de colectivos como a Confraría de Pescadores e deportistas olímpicos. Na rolda de prensa convocada esta mañá pola entidade náutica, o patrón maior do pósito, Sauro Martínez, pronunciábase a favor da construcción dos pantaláns, apoiando algo que consideran xusto e de dereito e condenando as actuacións de boicot e insultos da Plataforma SOS Panadeira. Segundo a patrón maior da Confraría, os novos pantaláns “permitirán un control dos fondeos e dos resíduos de gasoil e a posibilidad…

Read the full description

de retírar os rizóns dos barcos anclados durante anos e oxidados”, prexudiciais para usuarios das praias e bañistas . Tamén en respaldo dos novos pantaláns se manifestaba o deportista olímpico Fernando Echevarri, apuntando que “este tipo de construccións son ecolóxicos e ata beneficiosos porque os moluscos que se despositan neste tipo de pantaláns filtran as augas portuarias, melloran a súa calidade e axudan a formación de peixes”. Argumentos que resumía dende o Náutico de Sanxenxo, o presidente do Club, Pedro Campos, defendendo a “a obra do pantalán porque non prexudica ás praias senón que, ó contrario, despexa a lámina de auga, limpa os fondos mariños e reduce e ordena os fondeos». Así mesmo, o presidente do Náutico comunicou que a obra é un dos factores que permitiu a consolidación do Centro Nacional de Vela Adaptada. Pedro Campos asegurou que as obras continuarán mentres os tribunais non lle digan o contrario, prevendo o remate das actuacións, se non hai máis impedimentos, no prazo de dúas semanas, para que estean preparados para Semana Santa. E sobre a plataforma SOS PANADEIRA, que por certo se manifestaron ás portas do Club Náutico mentres se estaba celebrando a rolda de prensa, Pedro Campos considera que os que queiran defender a súa postura en contra dos pantaláns o fagan ante os tribunais pero non boicoteando as obras. O club Náutico de Sanxenxo reuniu esta mañá na comparecencia pública a representantes dos colectivos que respaldan a actuación, relacionados con ámbitos marítimos, mariñeiros e deportivos, e mesmo gastronómicos. Dando o seu apoio, estiveron presentes os xa mencionados Sauro Martínez e Fernando Echavarri, a tamén deportista olímpica Támara Echegoyen, os presidentes da Federación Española e Galega de Vela , o do Club Náutico de Portonovo, representantes do colectivo de discapacitados COGAMI e o restaurador Pepe Solla,

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.