Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

A CONCENTRACION PARCELARIA DE OUBIÑA ENTRA NA FASE DE INVESTIGACION DE PARCELAS
A consecuencia dos efectos do temporal no edificio da Xunta en Pontevedra, onde se desprendeu parte do revestimento da fachada da planta baixa, o delegado territorial da Xunta non puido estar presente na reunión celebrada esta mañá en Cambados para analizar o inicio da segunda fase da concentración parcelaria de Oubiña. A actuación supón a reorganización da propiedade de 42 hectáreas, divididas aproximadamente en 617 parcelas, solicitada para potenciar o sector primario e recuperar Superficie Agraria Útil. Este mes comezará a fase de investigación das propiedades na que se pode incluir ou…
Read the full description
excluir algunha parcela máis. O ámbito de actuación é en terreo rústico e de momento están localizados 150 propietarios. Medio Rural convocará ó longo dos vindeiros días diferentes charlas veciñais para explicar ós pormenores da actuación. O proceso suporá a mellora das explotacións agrarias existentes, adicadas na maior parte a horta e actividades vitivinícolas e mellorará a rede de comunicación existente, coa apertura de novos viais de conexión entre Oubiña e Tremoedo, zona que actualmente ten dificultades nos accesos, beneficiando sobre todo ós usuarios de vehículos agrícolas. Así o confirmaba esta mañá o alcalde de Cambados, Luis Aragunde, trala reunión con técnicos da xefatura territorial de Medio Rural. A inversión que a Consellería do Medio Rural realiza na concentración parcelaria de Oubiña é de 352.000 euros, cunha partida de 18.000 para esta fase de investigación de parcelas. En AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA recollíamos as declaracións do alcalde Luis Aragunde e dos técnicos de Medio Rural, que podes descargar e escoitar no podcast.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.