skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

A XUNTA IMPULSA SANXENXO COMO TERRITORIO DE PREFERENTE ACTUACIÓN TURÍSTICA

#hoxeenArousa A Xunta de Galicia destinará 150.000 euros á promoción de Sanxenxo como territorio de preferente actuación turística. Así se establece no convenio asinado esta mañá no Pazo de Quintáns entre o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o alcalde Telmo Martín. Neste convenio enmárcase o plan de actuación integral elaborado polo goberno municipal cunha serie de obxectivos cos que colaborará a Xunta para potenciar o que considera como “un dos concellos con mellores datos turísticos non só de Galicia, senón tamén de toda España”. Establécese así a creación de rutas da…

Read the full description

natureza como alternativa complementaria á oferta de praia e de turismo náutico. Ademáis, tamén se prevé a promoción da Ruta do Padre Sarmiento e os sendeiros a pé, a creación dunha rede de itinerarios a nado en augas abertas, a posta en valor do patrimonio arqueolóxico ou a promoción de Sanxenxo como destino de descanso, saúde e benestar. Asimesmo, o acordo inclúe unha partida de 30.000 euros destinada ao Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo (CETS) para a posta en marcha de accións de promoción do municipio como destino turístico. Durante esta ponte do Pilar, os datos de ocupación en Sanxenxo están sendo semellantes á época pre pandemia pero de momento siguen sendo, sobre todo, visitantes nacionais. Un balance que facía esta mañá o presidente do Consorcio, Alfonso Martínez, apuntando que a clave para a desestacionalización do sector será, na súa opinión, o turismo extranxeiro.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.