skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

XORNADAS DE EMPRENDEMENTO EN CAMBADOS O 23 E 24 DE OUTUBRO

O Concello de Cambados porá en marcha unhas Xornadas de Emprendemento para asesorar a todos aqueles que teñan en mente iniciar un negocio ou empresa. Serán os días 23 e 24 de outubro no centro loxístico do Polígono de 7 Pías, co obxectivo de que os novos emprendedores coñezan de principio a fin os pormenores da creación dun negocio ou empresa a través do que lles conten técnicos do IGAPE, representantes de entidades financeiras, expertos en redes sociais do taller formativo da Deputación, e expertos en leis do gabinete xurídico Miguelez e Asociados de Cambados De tal xeito que recibirán…

Read the full description

asesoramento sobre plans de negocio e estudio de viabilidade, cómo financiar o seu proxecto, entorno xurídico, bonificacións na seguridade social e cooperativismo. Asimesmo, as xornadas incluirán unha mesa redonda na que estarán presentes membros da Asociación de Empresarios do Polígono do Salnés e do colectivo de comerciantes Cambados Zona Centro que lles explicarán a súa experiencia no mundo empresarial. Os primeiros en coñecer a iniciativa do goberno local foron os alumnos que están participando no obradoiro de emprego de páxinas web e actividades socio culturais, así como os do curso de hostelería que se iniciou no mes de setembro. Con eles, no centro de A Merced onde se imparten as clases, estiveron esta mañá a alcaldesa Fátima Abal, e o concelleiros de Promoción Económica Xurxo Charlín explicándolles o contido das xornadas de emprendemento. En AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA recollemos o momento.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.