Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

A XUNTA PROXECTA A RENOVACION DAS CUBERTAS DO IES VILALONGA
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía A Xunta de Galicia proxecta a renovación das cubertas en tres edificios do IES de Vilalonga, cun orzamento de licitación previsto de 370.000€. A Consellería de Educación abriu o proceso de adxudicación que foi anunciado esta mañá polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, nunha visita realizada ao centro xunto ao alcalde, Telmo Martín, e o xefe territorial de Educación, César Pérez. A intención, segundo avanzaba o responsable territorial, é adxudicar a obra nas vindeiras semanas para que os traballos se inicien a comezos de verán. A actuación…
Read the full description
proxectada no IES de Vilalonga beneficiará ao edificio principal, a un inmoble que acolle un aulario e o salón de actos e ao recinto do ximnasio, cuxas cubertas presentan diversas patoloxías por mor do paso do tempo e do sistema construtivo empregado no seu día, que provocan desprendementos e filtracións. Así mesmo, tense detectado que os sistemas de recollida de pluviais están deteriorados, producindo rebordamentos, goteos e vertidos de auga polas fachadas. As obras consistirán na reparación e substitución destas cubertas, comezando polo recoñecemento previo do seu estado antes de proceder á súa desmontaxe, que se efectuará durante o período non lectivo do verán por cuestións de seguridade.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.