Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O IES ASOREY TERA 7 NOVAS AULAS O VINDEIRO CURSO
O Instituto Asorey de Cambados contará no vindeiro curso con 7 novas aulas para acoller a demanda da implantación da FP Básica e os ciclos formativos profesionais da Lomce, que pasan a ter unha duración de 2.000 horas. A Consellería de Educación iniciará en setembro a primeira fase das obras de ampliación cun investimento de 251.000 euros neste exercicio, dentro dun proxecto que acada un investimento total de máis de un millón de euros. O departamento autonómico está ultimando a supervisión do proxecto coa idea de licitar as obras este mesmo mes de xullo e comezar os traballos unha vez…
Read the full description
iniciado o curso, aínda que en ningún caso interferirán no normal desenvolvemento das clases. O conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez anunciou a actuación esta mañá nunha visita ao Instituto Asorey, compañado do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís e o concelleiro de Educación de Cambados, Victor Caamaño, que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.