skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O GOBERNO DE CAMBADOS ABORDA CON TOURIS AS OBRAS EN MARCHA NO CONCELLO

Dotar de equipamento o pabillón do IES Cabanillas e solventar algúns problemas xurdidos trala reforma do campo de fútbol do Pombal son as primeiras observacións presentadas polo equipo de goberno de Cambados ó delegado territorial da Xunta en Pontevedra, no encontro institucional celebrado esta mañá no Concello de Cambados. O equipo de goberno, encabezado pola alcaldesa Fátima Abal, recibiu a visita de Cores Tourís dentro da rolda de contactos que o delegado territorial está a realizar nos concellos onde houbo cambios de executivo tralo 24M, para coñecer cales son as súas demandas e proxectos…

Read the full description

prioritarios. Na reunión tamén estiveron presentes os Concelleiros do BNG, Victor Camaño, de Somos, Xurxo Charlín, e de Pode, José Ramón Abal. Asimesmo, durante o encontro abordouse o estado de diversas obras que están en marcha como a mellora do saneamento no entorno de A Seca, en Corbillón, ou o a construcción do Centro de Día. O delegado territorial púsose a disposición do novo goberno de Cambados, resaltando o seu “interés persoal como cambadés e tamén ex-alcalde” da vila do albariño, co fin de “traballar codo con codo co Concello e acometer todas as inversión que poidamos para Cambados” Neste sentido, tamén abogou Cores Tourís en seguir solicitando a colaboración da Deputación Provincial e manter a coordinación entre as institucións para sacar adiante novos proxectos. O delegado provincial pechará esta rolda de contactos cos Concellos o vindeiro luns en Vilagarcía, tralas reunión mantidas xa en Sanxenxo, A Illa, Ribadumia, Barro, Portas, Cuntis e Pontecesures, ademáis do encontro de hoxe en Cambados.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.