Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O PRINCESA LETIZIA CELEBRA O SEU FESTIVAL SOLIDARIO CUN TALENT SHOW
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O centro Princesa Letizia celebra este sábado a séptima edición do seu festival solidario e faino nesta ocasión cun “talent show”. Baixo o nome "Ten Moito Mérito" os usuarios da escola e do centro de día amosarán as súas aptitudes musicais e estarán acompañados dos alumnos de baile da Asociación Cultural Nydia. Ademáis, contarán coa colaboración dos alumnos de 5º e 6º de Primaria do colexio Alfonso VII de Caldas de Reis, que tamén actuarán neste espectáculo. A cita terá lugar este sábado 11 de maio a partir das 18 horas no Auditorio de Vilagarcía…
Read the full description
cunha entrada de 3 euros que serán destinados a financiar a actividade do centro. Tamén haberá fila 0. Este festival solidario inclúese dentro do Programa "Inclusión á inversa" da fundación Amencer, para dar visibilidade a estes colectivos e favorecer a súa inclusión na vida cotiá. Os detalles nolos contaba David Carreras, director do centro de día, na presentación do festival acompañado pola Concelleira de cultura, Sonia Outón, a xerente de Amencer, Mónica Touriño e representantes do centro Princesa Letizia e asociación Nydia.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.