skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O CONCELLO EXIXE UN PLAN DE AUTOPROTECCION PARA CELEBRAR A FESTA DA AMEIXA O 20 DE AGOSTO

O Concello de Vilagarcía está disposto a que a Festa da Ameixa se celebre finalmente o 20 de agosto, a data marcada dende un principio como innegociable pola Confraría de Carril, organizadora do evento. Eso sí, para elo o pósito debe elaborar un plan de autoproteccion especial no que se detallen os medios necesarios e asuman os que non pode cubrir o Concello. Sen embargo, o alcalde Alberto Varela advirte que esta situación será o último ano que se produza e con ese fin o goberno local falará previamente cos organizadores dos eventos coincidentes en datas requeríndolles maior flexibilidade no…

Read the full description

caso de necesitar medios municipais. En definitiva, a celebración da Festa da Ameixa está garantida para o 20 de agosto despois de que o executivo municipal abordara de novo coa policía local e os equipos de emerxencias unha fórmula alternativa que ofrecer aos organizadores. Ademáis, Alberto Varela responde á misiva da Dirección Xeral de Turismo da Xunta na que se lle advetía de retirar a condición de Interés Turístico se a Ameixa non se chegara a celebrar. Para o alcalde, todas as festas do municipio teñen igual interés e non hai festas de primeira e de segunda. Así o explicaba nunha rolda de prensa que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.