Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

DURAN NON ASISTIRA AO PLENO DE VILAGARCIA SOBRE O NARCOTRAFICO
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A corporación municipal de Vilagarcia aprobará esta tarde en pleno unha moción histórica para reverter “a mala imaxe creada en España sobre o tráfico de drogas no Salnés, que nada ten que ver coa realidade”. A iniciativa foi asinada por todos os grupos municipais, PSOE, PP, BNG, EU, Somos Maioría e o concelleiro non adscrito, tras unha reunión mantida coa Fundación Galega contra o Narcotráfico. Segundo explica a entidade arousá, “a emisión de programas e informacións vertidas sobre o contrabando de tabaco e tráfico ilícito de drogas creou unha lenda…
Read the full description
de permisividade social, riqueza e violencia que non reflicten o ocorrido na Ría de Arousa”. No pleno intervirá un membro da FGCN que avalará, mediante documentos oficiais, que Arousa foi pioneira en España nesta loita, logrando arrebatar os bens aos narcos. Á sesión, que comezará ás cinco da tarde, están convidados todos os alcaldes que presidiron a corporación vilagarciá, ademáis de alcaldes do Salnés e O Barbanza, así como outras autoridades. Sen embargo quen non estará nesa sesión plenaria será o alcalde de Vilanova. Gonzalo Durán anunciou esta mañá que non acudirá porque considera que o tema debería tratarse dentro da Mancomunidade e non nun pleno de Vilagarcía. Ademáis, volve a arremeter contra a alcaldesa de Cambados e dí que “non está disposto a blanquear a Fátima Abal”.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.