Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

PORTONOVO ESTREA LONXA
As novas instalacións da lonxa de Portonovo estan en pleno funcionamento coa entrada en servizo das novas dependencias. A estrea asistiu esta mañá a conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, acompañada polo patrón maior da Confraría, Jose Antonio Gómez. As actuacións foron realizadas cun investimento de 2 millóns de euros, financiados no 75% a través do Fondo Europeo de Pesca e o 25% con fondos estatais. Os traballos de reforma demoráronse máis do previsto, tanto por trámites burocráticos como polas condicións climatolóxicas, pero non impediron a normal actividade nesta instalación…
Read the full description
A reforma supuxo unha total remodelación do edificio, onde se repuxeron dende os tellados ás paredes e pisos, iluminación e equipamento, co fin de mellorar as condicións laborais e sanitarias no interior do equipamento pesqueiro. Ademáis tamén se inclue un novo sistema de venda, con pantallas e a través dunha cinta dotada con mando a distancia. Outra das melloras vai destinada á promoción turística coa creación de itinerarios para facilitar que os turistas visiten a lonxa. As reformas satisfan por completo ós membros da Confraría e ou patrón maior do pósito, José Antonio Gomez, que durante a visita desta mañá alentaba á actividade dás instalacións ó tempo que agradeceu ó sector e usuarios a paciencia que tivo mentres se realizou a obra. I e que a aparición de danos nos alicerces supuxo a modificación do proxecto inicial e máis atrasos nos prazos, que tamén se viron afectados polas intensas chuvias do pasado inverno. As impresións realizadas na visita desta mañá recolleunas para AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA Alba Piñeiro.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.