skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

A MANCOMUNIDADE ADQUIRE UN 4X4 PARA A LOITA CONTRA A VELUTINA

A Mancomunidade do Salnés conta dende agora cunha ferramenta máis para a loita contra a vespa velutina. Trátase dun Camión Guindastre 4x4 que supuxo un investimento de arredor de 112.000 euros, dos cales case 74.000 corresponderon a una subvención aportada poe Vicepresidencia da Xunta a través do Fondo de Compensación Ambiental. O vehículo conta cun longo guindastre de entre 30 e 40 metros, e cun cesto homologado con espazo para dúas persoas, que permitirá eliminar niños de vespa velutina situados a gran altura e difícil acceso. Tamén permitirá instalar nas palmeiras o tratamento contra a…

Read the full description

enfermidade do picudo vermello, así coma a poda das ramas destes árbores ou doutros que poidan por en risco a seguridade dos cidadáns. O vehículo entrará en funcionamento ao longo das vindeiras semanas tan pronto estea equipado coas pértigas e demáis elementos necesarios para a eliminación dos niños. Os detalles explicábanolos o presidente da Mancomunidade, Gonzalo Durán, e o delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, no acto de presentación do vehículo, acompañados da Directora Xeral de Administración Local da Xunta, Marta Fernández.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.