Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

DOUS EX DIRECTORES XERAIS DE FRAGA TRAS EUROCONSULTORES
Hoxe coñecemos novos datos sobre o conflicto laboral e xudicial da residencia Valle Inclán de Vilanova. O sindicato CIG desvelou esta mañá que, segundo os seus datos, tras Euroconsultores Sociosanitarios, unha das empresas que pretende a adxudicación de prazas de residentes convocadas pola Xunta, están dous ex directores xerais dos gobernos de Manuel Fraga. Trátase, dí a CIG, de José Manuel López Cossío y Francisco Jesús Gallegos Martínez que figuran como administradores de Euroconsultores segúndo consta no Rexistro Mercantil. O sindicato nacionalista considera que se trata dunha mostra máis…
Read the full description
dos intereses partidistas que se moven na adxudicación destas plazas, “coa complicidade” da Consellería de Traballo. Asimesmo, o secretario comarcal da CIG, Xoan Xosé Bouzas Aboi, tamén revelou que o Xulgado da un plazo de 10 días ó ex xerente do xeriátrico, Francisco Janeiro, para que nomee un novo avogado cara á celebración da vista aprazada que decidirá a culpabilidade ou non do concurso de acreedores que pesa sobre a empresa Viaxes Silgar, responsable, xunto a Nurtime, do xeriátrico. Son os datos que revelaba esta mañá o secretario comarcal da CIG, Xoan Xosé Bouzas Aboi, nunha rolda de prensa que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.