Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O GRUPO FROIZ CREARÁ UN CENTRO OPERATIVO NO POLIGONO DE BARRO MEIS NO QUE TRABALLARÁN MÁIS DE 500 PERSOAS.
Coa adquisición de preto de 80.000 metros cadrados de parcelas do polígono industrial de Barro - Meis, o Grupo Froiz, baixo a presidencia de Alfredo Majín Froiz, quere construir un complexo industrial no que garantir o futuro da empresa e crear postos de traballo. Nas parcelas, Froiz instalará unha nave de 24.000 metros cadrados para o almacenamento de productos secos e frescos e outra para o transporte con tren de lavado de camións. O presidente do grupo, Alfredo Majín Froiz, quere que os traballadores se sintan ben no seu traballo polo que algúns dos servicios que quere poñer en marcha…
Read the full description
inclue gardería, comedor, zona de vestiarios e incluso unha estación de autoservicio de gasoil propio. Todo enmarcado entre grandes zonas verdes para que os traballadores poidan tomar algún descanso ó aire libre. Nesta novo complexo, está previsto que se incorporen ó traballo máis de 500 persoas, o que suporá un aumento de preto do 30% da plantilla do Grupo Froiz que tamén conta xa cos supermercados Moldes. Así o contaba o Presidente de Froiz, Alfredo Majín Froiz, que estivo visitando as parcelas xa da súa propiedade acompañado polo Presidente da Deputacion, Rafael Louzán. Escoitamos as declaracións en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.