skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

CAMBADOS CONTARA ESTE ANO CON 9,4 MILLONS DE EUROS DE ORZAMENTOS

O goberno local de Cambados ten xa pechados os orzamentos municipais para este ano 2016, que ascenden a 9,4 millóns de euros, e que se levarán a aprobación do pleno do último xoves de febreiro. O documento foi presentado esta mañá en rolda de prensa pola alcaldesa, Fátima Abal, e o concelleiro de Economía, Xurxo Charlín. Ambos destacaron que son uns orzamentos “transparentes e austeros”, ainda que non son tan participativos como realmente lles gustaría, porque todavía non están formados os consellos veciñais. En todo caso, o grupo de goberno avanza que con estes orzamentos se pon fin a etapa…

Read the full description

orzamentaria máis constreñida, sendo as contas que máis se incrementan dende o ano 2008. Neste exercicio 2016, o Concello de Cambados contará tamen cunha subvención de 900.000 euros dentro do Plan de Obras e Servizos da Deputacion de Pontevedra para levar a cabo as obras da Praza de Abastos e inversións en infraestructuras, vías públicas, saneamento, instalacións deportivas e a instalación de xogos nos parques infantis. Ademais, tamen se incrementan as partidas de servizos sociais, con 20.000 euros mais para o servizo de axuda no fogar e 15.000 euros mais para o fondo de emerxencia social. As axudas a asociacións benéficas ascende ós 40.000 euros, as becas para estudios contan con 18.000 euros e, por primeira vez, a área de igualdade disporá de 5.000 euros para as suas actividades. En canto a partida para actividades da terceira idade, reducese a 5.000 euros debido a que o novo goberno non fara o xantar dos maiores que a viña facendo anualmente. Os orzamentos para festexos manteñense nos 275.000 euros do ano pasado, a pesar de que o goberno considera que é excesiva, pero non pode reducirse xa que o concello ainda ten que pagar o xantar do albariño do 2014 e outras facturas. Considera o goberno local, que o aumento de 5.000 euros nos gastos de persoal compensanse coa eliminación do gasto en protocolo e nas horas extras das persoas de confianza ao carecer delas, e crítica o gasto que facia o anterior goberno que tiña que aboar máis de 400 horas extras anuais do seu persoal. Durante o 2016, o Concello espera obter ingresos do IBI, que a pesar de que reduciu o tipo do 0'60% al 0'58%, contará cun incremento pola regularización de numerosas casas e garaxes que non estaban dadas de alta no catastro. Para poder incrementar estas partidas, o Concello recurriu aos remanentes de outras asignacións onde non se gastaban todos os cartos. En todo caso, o vindeiro luns, cuatriparito entregará ao PP toda a documentación precisa para poder aprobar no pleno do xoves estes orzamentos, que ademais, serán publicados posteriormente no BOE e na paxina web do concello como mostra de transparencia e para que os veciños poidan presentar alegacións no caso de non estar de acordo.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.