skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O CIM DO SALNES DI STOP A VIOLENCIA DE XENERO DENDE A PRIMEIRA SINAL

O programa contra a violencia de xénero do CIM do Salnés, que abrangue os concellos de Cambados, Meis e Ribadumia, desenvolverase este ano durante novembro e decembro con especial fincapé na prevención dende a mocidade e as edades de infantil. Deste xeito, a programación inclue a proxección de curtas e monólogos nos institutos e sesións de contacontos contra os estereotipos de xénero nos centros de infantil. Todo elo baixo o lema “Stop á primeira sinal”. A maiores, realizarase a lectura do manifesto mancomunado contra a violencia de xénero o 24 de novembro ás 12 horas nos Concellos…

Read the full description

correspondentes . Asimesmo, reeditaranse as actividades do Simposio Itinerante Móstrate Salnés, que xa vai na VI edición, e que este ano se celebrará en Ribadumia, e realizarase o II Fast Dates, que son reunións rápidas entre mulleres para a busca de traballo, desta volta en Meis. Outra novidade deste ano será un encontro de asociacións de mulleres a nivel comarcal, nacional e internacional para mostrar os beneficios do asociacionismo entre mulleres, que terá lugar en Cambados. Nolo contaban a técnica e a directora do CIM, xunto coa alcaldesa de Cambados, na presentación do programa.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.