skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O CRUCE DE AS SALINAS NA LANZADA TERA UN NOVO PASO PEONIL CON SEMAFORO

O xefe territorial de Infraestruturas en Pontevedra, José Luis Díez, comprobou esta mañá, xunto ao alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, a instalación dun novo paso peonil con semáforo na PO-308 ao seu paso pola Lanzada. O orzamento total desta obra rolda os 60.000 euros e quedará rematada no prazo dun mes. Para garantir a seguridade viaria dos usuarios do paso a nivel prolongarase a isleta física existente para que os vehículos reduzan a velocidade neste tramo, que quedará fixada a 30 quilómetros por hora, instalándose así sinais de limitación. Tamén se colocarán redutores da velocidade que…

Read the full description

poderán ser retirados en inverno cando non hai acceso á praia, de xeito que se interfira menos no tráfico. Finalmente, se instalarán dous semáforos, un por cada sentido, con pulsador de peóns e iluminación do paso mediante unha luminaria interactiva. A actuación da resposta á demanda do concello de Sanxenxo así como dos veciños da zona para mellorar a seguridade viaria neste punto da estrada situado nas Salinas. O novo paso de peóns da servizo aos núcleos de A Revolta, Fonte de Ons y Tombelo, todos eles na parroquia de Noalla, que, grazas a esta nova infraestrutura poderán contar cun acceso peonil directo á praia da Lanzada. “Aínda que se varexaron varias posibilidades coma un paso subterráneo ou un paso elevado, a elección final debeuse a razóns técnicas, funcionais, ambientais e económicas”, matizou José Luis Díez. “Decidiuse finalmente que a opción máis axeitada sería a instalación dun paso a nivel con regulación mediante semáforos de pulsador”.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.