skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

VILAGARCIA ABRE UNHA NOVA SEMANA DO CINE DO 31 DE XULLO AO 5 DE AGOSTO

Vilagarcía celebra a Semana do Cine do 31 de xullo ao 5 de agosto, como inicio da programación cultura e festiva de agosto. Ademáis, nesta nova edición, o Cine Clube Ádega, organizadores da actividade, conmemora o seu 40 aniversario, con cine, pero tamén con musica e espectáculo. A primeira das proxecións será o domingo 31 de xullo ás 21:30 horas, na Rúa Romero Ortiz, e a película escollida é “El Desconocido”. Ademáis contaráse coa presenza do director de cine Jorge Coira para falar da súa experiencia, e tamén haberá a actuación musical de Gonzalo Arca, que tocará dous temas da banda sonora…

Read the full description

do filme. O luns día 1 de agosto comezan as sesións no Salón García, serán catro días nos que se proxectarán os filmes "Todos vos sodes capitáns", "La Venus de las pieles", "El abrazo de la Serpiente" e "Yo, el y Raquel". As sesións comenzarán ás 21:45 horas e os prezos son de 4 euros por sesión para o público xeral e de 2 euros para socios, con posibilidad de mercar o abono para as 4 sesións, que será de 12 euros para o público e de 6 euros para os socios. Para rematar a Semana do Cine o venres 5 de agosto ás 20:30 horas, no parque de Ravella, montaráse unha festa de despedida coa proxección do filme “Cabaret” de Bob Fosse e a actuación en directo do espectáculo de Cabaret por parte da compañía de Nelson Quinteiro. As dúas sesións ao aire libre serán gratuitas e abertas a todo o público. Ademáis, antes dos filmes tamén se proxectarán curtametraxes. Son datos que nos contaban está maña, a concelleira de Cultura, Sonia Outón, acompañada polos representes do Cine Clube Ádega, Fernando López e Xabier Marqués, nunha rolda de prensa que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.