skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

A DESEÑADORA CAMBADESA EVA SOTO PRESENTA AS SUAS COLECCIONS O VENRES EN FEFIÑANS

O Patio de Armas do Pazo de Fefiñans acollerá este venres ás 22:00 da noite o primeiro desfile individual da deseñadora cambadesa Eva Soto. Neste desfile, Eva Soto presentará 30 deseños das súas dúas coleccións que tamén se puideron ver na pasarela Mercedez Fashion Week de Madrid e 5 vestidos para nenas feitos de papel e que teñen relación co albariño. Ademáis, os asistentes tamén poderán ver en exclusiva algúns dos traxes que a cantante Lady Gaga lucirá no seu próximo videoclip. A asistencia a este evento é totalmente gratuita, previa invitación que se poderá recoller no Concello de…

Read the full description

Cambados. Para rematar esta noite de moda en Cambados, ó finalizar o desfile, ás 23:00 da noite está previsto que comece o concerto de Maria do Ceo. Durante a presentación do desfile, o alcalde de Cambados, Luis Aragunde amosouse moi satisfeito polo éxito que esta a acadar esta xoven cambadesa, e quere que sexa profeta na súa terra polo que non desbota que se celebre unha segunda edición deste desfile si este venres se cubre o aforo de 400 persoas. En AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA recollemos os datos que nos ofrecían o Alcalde de Cambados, Luis Aragunde e a deseñadora Eva Soto, na rolda de prensa que se celebrou esta mañá no Pazo de Fefiñáns para presentar este desfile de moda.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.