Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

OS GRUPOS DA OPOSICION DE RIBEIRA UNENSE CONTRA A DESAPARICION DOS PARTIDOS XUDICIAIS
Os grupos da oposición no Concello de Ribeira, BNG, PSOE e Independentes, solicitan a convocatoria dun pleno extraordinario para abordar de forma monográfica a supresión dos partidos xudiciais de Ribeira, Muros e Noia, que se prevé na reforma da Lei do Poder Xudicial. Se os alcaldes do Barbanza decidían presentar mocións nos concellos en contra do anteproxecto que prepara o Ministerio de Xusticia, agora son os grupos da oposición de Ribeira, BNG, PSOE e Independentes, os que tamén fan público o seu rexeitamento conxunto a que desaparezan os xulgados da zona e que os veciños teñan que…
Read the full description
desprazarse a Coruña para realizar calquera trámite xurídico. Os argumentos facíanos públicos os voceiros dos tres grupos nunha rolda de prensa conxunta celebrada esta mañá. Nos falabamos de todo elo en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA con Xosé Antonio Vázquez Cobas, voceiro do BNG de Ribeira.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.