skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

PRIMEIRO DIA DE FOLGA EN LANTERO SEN INCIDENTES DE IMPORTANCIA

Sen incidentes de importancia desenvolveuse o primeiro día de folga dos traballadores de Lantero, convocada pola plantilla para tratar de frear o plan de recortes que prevé ou despedimento de 32 empregados e unha rebaixa salarial do 30%. Fronte ás instalacións estivo situada toda a mañá unha dotación da Policía Nacional controlando os movementos dos piquetes informativos, formados por uns 100 traballadores. Coa quenda das 6 da mañá comezou o paro, que transcorreu con tranquilidade, a excepción dun incidente protagonizado por un empregado das oficinas que sobre ás 11 da mañá arrolou co seu…

Read the full description

vehículo a un dos integrantes do piquete, que foi trasladado por Protección Civil ao Hospital do Salnés, afectado dun golpe no brazo. Previamente, parte do persoal de oficinas chegou ás instalacións da empresa a bordo dun autocar coas cortinas baixadas, sendo escoltado polos vixilantes de seguridade. Segundo o portavoz do comité de empresa, Jesús López, a producción da fábrica quedou totalmente parada, a excepción dos traballos que realizou persoal contratado por ETTs. Asimesmo, o comité denuncia que a empresa lles negou a entrada á fábrica para informar ós traballadores que decidiron non secundar á folga. Unha feito que porán en coñecemento de Inspección de Traballo. Ó remate da xornada de hoxe, decidirán se mañá realizan ou non un novo paro, pero é previsible que a convocatoria de folga continue. En canto ás reunións coa dirección para negociar o plan de recortes, a plantilla propon á empresa a sede do Consello Galego de Relacións Laborais como novo escenario para a seguinte reunión, que sería o mércores e non mañá como estaba previsto pola empresa. Todo elo nolo contaba en directo en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA, o presidente do comité de empresa, Jesús López, nunha conversa con Alba Piñeiro.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.