skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

BOTA A ANDAR A PRIMEIRA ASOCIACION DE EMPRESARIAS DO SALNES

Mulleres Empresarias do Salnés constituíronse nunha asociación sen ánimo de lucro que vai a desenvolver principalmente as súas actividades en todos os municipios da comarca. O colectivo, que ten xa 30 asociadas, formouse dende a iniciativa de seis empresarias adicadas a sectores tan diversos como hostelería, coworking, agro e educación. As mulleres interesadas en integrarse nesta nova Asociación de Empresarias poden facelo a través dun formulario da páxina empresariassalnes.com cunha cuota anual de 20 euros. A directiva xa organizou as primeiras actividades. O día 19 de abril terá lugar un…

Read the full description

“After Work”, un encontro que servirá como primeira toma de contacto e o 10 de maio será unha xornada sobre axudas ao emprendemento femenino. A nova organización presentouse esta mañá en Cambados destacando como obxetivo atraer e intercambiar coñecementos profesionais para mellorar a situación empresarial da muller emprendedora da comarca do Salnés. Tamén pretenden formar unha plataforma de enlaces entre emprendedoras e membros para axudar a mellorar a súa situación económica, así como crear formación que axude a mellorar o nivel profesional de cada membro da asociación. Outras das iniciativas que porán en marcha dende esta nova asociación é promover actividades que axuden a conciliación persoal, familiar e laboral das mulleres empresarias do Salnés e o fomento da igualdade de xénero. Os detalles explicáronnos esta mañá a presidenta e a vogal da Asociación, Mónica Novas e Raquel Argibay, na presentación celebrada no Salón Peña de Cambados.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.