skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

SOMOS TAMEN RECLAMARA OS VOTOS PARA AS EUROPEAS DEPOSITADOS NAS URNAS DAS MUNICIPAIS

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Somos Cambados está disposto a loitar ata o último día para defender a representación política do terceiro concelleiro que lle deron as urnas o pasado domingo. Os edís electos da formación de esquerdas Constantino Cordal e Xurxo Charlín reiteraron esta mañá que, ao igual que fará o candidato do PP Luis Aragunde, tamén eles reclamarán os votos para as eleccións europeas que foron depositados na urna das municipais. “As reglas de xogo teñen que ser igual para todos. Esto solo se debe a supervivencia política de Luis Aragunde. Ten todo o dereito pero non…

Read the full description

ten a legalidade”, aseguraba Charlín. Ademáis, ambos falaban tamén da necesidade de iniciar as negociacións co Partido Socialista de Fátima Abal cara un pacto de goberno de esquerdas antes da sesión de investidura. “Non me cabe na cabeza que non podamos chegar a un entendemento. Creo que debemos apostar pola estabilidade e intentar un acordo entre as tres forzas políticas que manteñan a liña de cambio. Sí que hai algunhas cousas que hai que cambiar, erros do anterior pacto de goberno como a xestión de persoal ou no ámbito da policía local que hai que evitar”, explicaba Cordal.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.