Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

A OBRA BERNARDA ABRE O CICLO DE TEATRO DE OUTONO DE VILAGARCÍA
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O ciclo de teatro de outono de Vilagarcía, en colaboración con Agadic, achega catro representacions galegas ao Auditorio municipal. A obra teatral que abrirá este segundo semestre do ano será "Bernarda" o sábado 19 de outubro as 21 horas no auditorio. Esta escenificación aborda a vida das mulleres da casa de Bernarda Alba trala morte de Franco. As pezas que completan este ciclo son "Anatomía dunha Serea" o 16 de novembro no Salón García, "O Electo" o 23 de novembro no auditorio e para rematar, "Arlequina" cun espectáculo de marionetas de Kukas adicado…
Read the full description
para todo o público familiar de 0 a 100 anos. O custe das entradas será de 5 euros en Ticketea e de 3 euros a bonificada para desempregados, mozos co carné xoven, maiores de 65 anos e menores de 13 anos no caso de "Arlequina". Así o explicaba a concelleira de cultura, Sonia Outón, na presentación do ciclo de teatro, acompañada dos representantes teatrais.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.