Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

UN MATRIMONIO DO GROVE DE ORIXE INGLES COLABORA COA MANCOMUNIDADE NA PROMOCION TURISTICA DA COMARCA
A promoción da comarca do Salnés no exterior, que dende hai dous anos está a facer a Mancomunidade do Salnés, ten dende agora a colaboración de dous emprendedores, que, na idade da xubilación, pretenden poñer en marcha unha axencia para internacionalizar o noso turismo. Trátase dun matrimonio de orixe inglés que reside en O Grove e que dende agora, a través dos seus numerosos contactos en Europa, vai colaborar coa Mancomunidade para atraer a novos grupos de turistas a través de touroperadores de países europeos. Peter William e Lynn Davies afincaronse en O Grove hai un ano despois de residir…
Read the full description
durante nove anos en Alicante. Namorados de Galicia, agora estan envoltos nunha labor de promoción turistica coa que pretenden, ademáis, crear a súa propia empresa. A parella xa comezou a establecer contactos con turoperadores de distintos países como Escocia, Irlanda, Reino Unido, Francia, Alemaña e incluso outros extranxeiros residentes en España. So falta agardar a que estas comunicacións den os seus frutos e que Galicia e a comarca de O Salnés se enchan de novos visitantes. Asi o contaban o xerente da Mancomunidade de O Salnés, Ramón Guinarte, e a propia Lynn Davies nunha rolda de prensa que ofreceron esta mañá e que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.