Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

UN PIONEIRO SERVIZO PERMITIRA A XESTION E VENTA DOS BENS DECOMISADOS O NARCOTRAFICO
A Xunta, a Fundación Galega contra o narcotráfico e o Colexio de procuradores de A Coruña poñen en marcha un novidoso e pioneiro servizo encamiñado a conseguir a xestión eficaz dos bens decomisados en operacións contra o tráfico de drogas. O convenio, suscrito esta mañá en Vilagarcía na sede da Fundación Galega contra o narcotráfico, permitirá ofrecer ós xulgados un innovador servizo especializado na xestión, depósito e venta anticipada dos bens mobles incautados ás redes de narcotraficantes, como vehículos, embarcacións, equipos informáticos, caracterizados polo seu deterioro e rápida perda…
Read the full description
de valor. Deste xeito, con este convenio poderán ser, sempre baixo autorización xudicial, vendidos ou cedidos a causas sociais. Así se detallaba esta mañá no acto de sinatura do convenio por parte do Presidente da Fundación contra o Narcotráfico, Manuel Couceiro, e o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda. Un acto que recolleu para AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA, Alba Piñeiro.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.