Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

CAMBADOS PIDE A MEDIACION DE MAR ANTE O NOVO CONFLICTO CON PORTOS POLA NAVE PEÑA
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía O goberno municipal de Cambados solicitou esta mañá a mediación da Consellería do Mar ante o novo enfrontamento entre o Concello e Portos de Galicia a consecuencia dos usos e titularidade do Salón Peña. Portos anunció onte que recupera os dereitos de xestión da nave Peña e que vai buscar alternativas para a súa explotación, alegando que o Concello renunciou a autorización temporal da que dispoñían desde novembro para usar as instalacións. Pola súa banda, o Concello argumenta que tan só renunciou á autorización provisional porque non se axustaba ao novo Plan de…
Read the full description
Usos aprobado posteriormente. A súa intención é asinar unha nova concesión. Ademáis, reprocha a Portos que pretenda cobrarlles 50.000 euros por utilizar a nave cando se considera exenta dese pago, polo que xa anuncian que recurriran. Asimesmo, insisten en que levan meses solicitando una reunión con Portos para abordar esta situación sen que de momento o organismo portuario accedera a elo. O Concello asegura que “non vai permitir que Portos de Galicia quede cunha instalación que pertence a toda a veciñanza cambadesa”. En caso de ser necesario, mesmo presentarían o caso ante a xustiza.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.