skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O CUATRIPARTITO INSISTIRA PARA QUE A SEDE DA D.O SE TRASLADE A CAMBADOS

A Festa do Albariño chega hoxe ó seu ecuador e os stands do Paseo da Calzada reciben a presencia de milleiros de persoas que se achegan a degustar os viños das 42 adegas presentes nesta edición, mentres que no Tunel do Viño se realizan xa as primeiras catas temáticas. E todo aderezado cos diferentes concertos, que hoxe terán como cartel estrela ó grupo británico James, que actuará no Pazo de Fefiñáns ás 23 horas.Pero xa dende as 21.30 poderase escoitar a música da Banda de Isi Vaamonde. Xornadas da 63 edición da Festa do Albariño que van transcorrendo de forma moi positiva, segundo a…

Read the full description

valoración do grupo de goberno, e así nolo decía en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA a alcaldesa Fátima Abal, durante o programa monográfico que onte realizábamos dende o Paseo da Calzada. Con Fátima Abal falabamos dos cambios e novidades que o novo goberno de Cambados introduciu na Festa do Albariño, e nos decía que o equipo de goberno seguirá insistindo para que a sede da D.0 Rías Baixas se traslade de Pontevedra a Cambados, a pesar do convenio existente entre o Consello Regulador e o concello capitalino de cesión do Pazo de Mugartegui, actual sede da D.O, durante 20 anos.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.