Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

PIDEN EXPLICACIONS SOBRE A CONEXION DO POLIGONO DE NANTES COA EDAR DE MEAÑO
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Os grupos parlamentarios de En Marea e PSOE exixirán na Cámara Galega explicacións polo informe favorable emitido por Augas de Galicia sobre a EDAR de Meaño que permitirá a próxima recepción do polígono de Nantes. Os deputados de En Marea preguntarán polos “motivos polos que en igualdade de condicións o ano pasado o informe foi desfavorable e este ano parece ser idóneo”. Unha situación que preocupa tamén en Cambados ante a posibilidade de que a saturación cause desbordamentos que afecten aos bancos marisqueiros. Así o explicaba o portavoz de Somos…
Read the full description
Cambados, Tino Cordal, que acompañou aos deputados de En Marea nunha visita ao Polígono de Nantes. Tamén dende o PSOE amosan preocupación ante o anuncio realizado a pasada semana polo alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, sobre o informe favorable de Augas de Galicia para a recepción do parque empresarial. Por eso, o grupo socialista no Parlamento reclamará os expedientes da autorización da conexión do polígono coa EDAR de Meaño. Asimesmo, reclamarán á Xunta que se dirixa ao Concello de Meaño para iniciar as obras de desdoblamento das canalizacións de augas pluviais e residuais que chegan á depuradora.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.