Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

A SAN SILVESTRE SOLIDARIA DE CAMBADOS O 31 DENDE AS 16.30
Cambados celebra a II edición da carreira solidaria San Silvestre, organizada polo clube de atletismo de Cambados en colaboración co Concello e que estará amadriñada pola deseñadora Eva Soto Conde. O fin da San Silvestre é solidario, e por tal motivo, quen queira inscribirse deberá aportar un kilo de calquer alimento non perecedoiro, que serán doados a Cáritas de Cambados. A San Silvestre encherá as rúas do centro de Cambados dende as 16:30 horas da tarde do día 31 de decembro. Nesta edición da San Silvestre haberá 3 categorias nas que poderán participar nenos de entre 3 e 13 anos, con…
Read the full description
perrocorridos de 100, 400 e 800 metros de distancia. Na categoria absoluta participarán todos os atletas con máis de 14 anos. O percorrido será de 5 kilometros, completando dúas voltas polo centro da vila e terá un custe de inscripción de 1 euro. A saída e meta da carreira será na Praza do Concello e o remate haberá chocolate con rosca para todos os asistentes e sorteos de lotes de nadal. Ademáis tamén haberá un inchable para que os participantes poidan deixar os seus nenos mentras realizan a proba. As inscripcións poden facerse na páxina www.prueba-t.es ata a medianoite do 29 de decembro. A II San Silvestre de Cambados, ainda que é de caracter solidario, tamén outorgará premios de lotes de nadal ós primeiros clasificados. E para non perder o carácter festivo de esta carreira, os participantes que vaian disfrazados tamén obtarán a premios ó mellor disfraz. Explicaba todos os detalles o presidente do clube de atletismo de Cambados, Fernando Patricio Ruiz, nunha rolda de prensa na que estivo acompañado do concelleiro de Cultura, Victor Caamaño, e da madriña da proba, Eva Soto Conde, e que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.