Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O TAEKWONDO RECADA FONDOS PARA A INVESTIGACION DA AME
A loita da cambadesa Merchi Alvarez contra a AME volve facerse visible. Desta volta cunha exhibición de taekwondo, o deporte que ela practicou ata que a enfermidade llo impediu e no que conseguiu ser subcampeona de Galicia no 2013. Agora, o seu clube, o VitalSport de Cambados conseguiu reunir a un importante número de taekwondistas de gran nivel para unha Gala Exhibición que se celebrará este domingo día 18 a partir das 18 horas no pabillón municipal de Ribadumia. A entrada será a través dun donativo dende dous euros e a recadación destinarase unha vez máis á investigación desta enfermidade…
Read the full description
ao igual que as rifas do sorteo que se celebrará durante a gala. O evento foi presentado esta mañá no salón de plenos de Ribadumia, coa presencia do alcalde David Castro, o presidente e unha monitora do Clube VitalSport e unha emocionada Merchi Alvarez, que non puido reprimir as bágoas. Así o recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.