skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

A ILLA DE AROUSA E O SALNES 4.0 PROTAGONISTAS DA PRESENTACION DA MANCOMUNIDADE EN FITUR

A Mancomunidade de O Salnés non falla en FITUR e volverá a protagonizar unha das presentacións que se realizan na caseta de Turgalicia. O seu turno será mañá xoves ás cinco e media da tarde para presentar o seu proxecto Turismo 4.0, que aposta polas novas tecnoloxías á hora de ofrecer información ao turista sobre a comarca de O Salnés. Os mapas da comarca que distribúe a mancomunidade, e a nova sinalización que instalará próximamente ofrecerán ao visitante a posibilidade de coñecer os recursos turísticos en realidade aumentada mediante o seu teléfono móbil. Pero o gran protagonista de este…

Read the full description

ano será o concello de A Illa de Arousa que dará a coñecer os seus atractivos, que van máis aló das súas praias e da súa gastronomía. O Concello elaborou un novo vídeo titulado Culturalmente... unha illa: A Illa de Arousa, no que se amosa a oferta cultural que ofrece este municipio, como o festival Atlantic Fest, os certames Cultura nos Cons e O Mar e unha flor e as festas do Carmen. Para presentar o novo material, o actor vilagarcián Carlos Blanco, exercerá de mestre de cerimonias en Fitur. Na delegación comarcal que asisten estes días a Feria Internacional de Turismo de Madrid estarán presentes, os alcaldes de A Illa de Arousa, Carlos Iglesias, de Vilagarcía, Alberto Varela; a cambadesa, Fátima Abal; Gonzalo Durán, de Vilanova, e David Castro, de Ribadumia, así como os concelleiros de Turismo de Sanxenxo e do Grove. Así o explicaban o presidente da Mancomunidade de O Salnés, Gonzalo Durán, e o xerente da entidade comarcal, Ramón Guinarte.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.