skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

VILANOVA CAMBIA AS LAMPADAS DA ILUMINACION PUBLICA PARA AFORRAR UN 80% NO CONSUMO

O concello de Vilanova continúa coa súa labor de reducir os gastos públicos e, tras reducir o custe da factura na linea telefonica e o WIFI, agora é o turno do cambio de luminarias do alumeado público do municipio. Esta medida xa se empezou a aplicar na estrada PO-549 en Corón e As Sinas, e consiste na sustitución das lámpadas, que viñan sendo de 250 vatios, por unhas de 100 vatios, para que deste xeito se reduza o consumo e se podan ter acesas todas as farolas, xa que ata o de agora funcionaban de forma alterna. Ademáis, estas novas bombillas de baixo consumo, contan cunha moderna tecnoloxía…

Read the full description

que detectan ás horas onde hai menos tráfico e baixan automáticamente a súa intensidade. Pero esta medida non será soamente en Corón e As Sinas, xa que o concello quere cambiar tamén o resto do alumeado público das outras parroquias e tamén do casco urbano. En total, preto de 2.000 luminarias cunha inversión de 200.000 euros, operación para a que o concello de Vilanova xa comezou a tramitar a solicitude de subvencións. Con este cambio, o concello espera aforrar preto dun 80% en enerxía e tamén no custe da factura da luz. Son datos que explicaban esta mañá en rolda de prensa o alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán e o teniente de alcalde, Javier Tourís, que recollemos para AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.