skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

AS OBRAS DA VIA VERDE DO SALNES AVANZAN A BO RITMO PARA REMATAR NUNS MESES

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Vía Verde do Salnés entre Vilagarcía, Caldas e Portas, estará rematada nuns meses pero os promotores non se atreven a concretar a data. A presidenta da Deputación, Carmela Silva, xunto cos alcaldes de Vilagarcía e Caldas, Alberto Varela e Juan Manuel Rey, visitaron esta mañá as obras, que avanzan a bo ritmo pendentes todavía da aportación económica comprometida pola Xunta. Nestes momentos estanse a acometer as obras de acondicionamento a cargo de Tragsa no marco do convenio entre a Deputación e os Concellos, que ascende a máis de medio millón de…

Read the full description

euros. “As obras avanzan a bo ritmo nesta primeira vía verde en Galicia que vai ser unha referencia e terá un percorrido de 9,2 quilómetros”, indicou Silva, que lamentou profundamente “a posibilidade de que como a Xunta de Galicia non cumpra co seu compromiso non poderemos ter o trazado completo”. Precisamente este asunto abordarase o vindeiro luns nunha reunión en Portas convocada pola Consellería de Medio Ambiente. Un encontro que Carmela Silva calificou como “o seguinte episodio da Senda Verde do Salnés” e do que o alcalde de Vilagarcía se amosou optimista porque están preto as eleccións autonómicas.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.