skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

CAMBADOS EMPRENDE, NOVOS CURSOS FORMATIVOS PARA EMPRENDEDORES

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Cambados, en colaboración coa Asociación Zona Centro, pon en marcha unha nova iniciativa destinada aos emprendedores. Baixo o nome de “Cambados Emprende” ábrese unha programación formativa, cuxa primeira parte desenvolverase nos meses de maio e xuño Unha das accións formativas será un Curso de Escaparatismo, con asistencia personalizada nas tendas, que impartirá a empresa Nordelaina do 5 ao 28 de xuño. Será os martes e xoves en horario de 21 a 23 horas en Exposalnés con límite de 20 prazas. A segunda actividade será un Curso de…

Read the full description

Manipulación de Alimentos, que terá lugar no Viveiro de Empresas o 29 de maio de 19 a 22 horas, igualmente con asistencia limitada a 20 prazas. Por último, celebrarase unha Charla-Coloquio sobre as Axudas a Contratación e a Promoción do Emprego Autónomo, tamén o 29 de maio, ás 20.30 horas en Exposalnés, a cargo do Despacho de Avogados Rodríguez&Alonso. A única das accións que non será de balde é a de Manipulación de Alimentos, que terá un custe de 35 euros. Os interesados en participar en calquera das actividades deben inscribirse previamente a través das vías de comunicación do Concello. Así o explicaba o Concelleiro de Promoción Económica, Xurxo Charlín, na presentación de Cambados Emprende, acompañado do presidente de Zona Centro, Juan Rey, e os partícipes no programa formativo, Carlos Alonso e Montse Oubiña.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.