Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

UN TORNEO FEMININO DE F8 PARA PROMOVER A IGUALDADE NO FUTBOL
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Promover a igualdade no fútbol é o obxetivo do I Torneo Femenino de F-8 en categoría alevín, entre 8 e 11 anos, ideado polo Club Deportivo Bamio. O evento terá lugar do 26 ao 28 de xuño no campo Manuel Jiménez de Vilagarcía e prevé contar coa participación de máis de 20 equipos de toda España. Entre eles destaca a presencia do Valencia Fútbol Club, equipo no que xoga a vilagarciá Mari Paz Vilas, que será a madriña do Torneo. Tamén haberá presencia de conxuntos da comarca e de algún equipo máis da Liga Iberdrola. Ademáis, o Torneo terá unha faceta…
Read the full description
solidaria, co Euro x Goles e a venda de pulseiras que se destinará íntegramente á Asociación Pablo Ugarte de loita contra o cancro. Os promotores da idea pretende, sobre todo, aportar o seu gran de area cara a igualdade de competicións pensando que as féminas merécense un torneo á altura dos existentes a nivel masculino. Así o resaltaba esta mañá na presentación un representante dos organizadores, Tino Buján, acompañado do concelleiro de Deportes de Vilagarcía, Miro Serén, o diputado provincial, Gorka Gómez, a secretaria territorial da Xunta, Ana Ortiz e o vicepresidente da Federación Galega de Fútbol, Manuel Fernández.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.