skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O BNG PRESENTA ENMENDAS AOS ORZAMENTOS DA XUNTA NO SALNES POR 22 MILLONS DE EUROS

O BNG presentou 32 enmendas aos orzamentos da Xunta no Salnés por un total de 22 millóns de euros. As partidas propostas pola formación nacionalista están destinadas á creación de emprego e loita contra a pobreza, aposta polos sectores productivos, e a blindar os servizos Sociais. Dentro do emprego, o BNG promove a creación dun plan específico para comarcas con maiores taxas de desemprego como é o Salnés, programas de inserción laboral e de retorno dos mozos. Tamén se incluen melloras da seguridade viaria, na vía rápida Sanxenxo - O Grove, a aposta polo transporte público e a creación dunha…

Read the full description

compañía ferroviaria galega de cercanías. No eido da Política Social, a formación nacionalista reclama a creación dos centros de día de O Grove e Vilanova, mentres que no Ensino, as partidas se centran na construcción do novo colexio de Vilalonga e arranxos no Becerra Malvar de Ribadumia, no Rosalia de Castro de Carril e o Xulio Camba de Vilanova. En canto á área de Sanidade, o BNG aposta pola dotación personal e aparcamiento gratuito no Hospital do Salnés, insiste na necesidade da ambulancia medicalizada para a comarca, a creación dos novos centros de saúde de Vilagarcía e O Grove e melloras no centro médico de Cambados. Asimesmo, resérvanse 500.000 euros para o inicio da nova praza de abastos de Cambados e 300.000 euros para o cuarto xulgado de Vilagarcía. Os detalles explicábaos esta mañá a deputada nacionalista Montse Prado nunha rolda de prensa que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.