Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O BNG PIDE O CESE DA SECRETARIA DE URBANISMO DA XUNTA POLAS PRESUNTAS IRREGULARIEDADES URBANISTICAS DE SANXENXO
O BNG de Sanxenxo solicita a convocatoria dun pleno extraordinario para tratar de forma monográfica a presunta trama de corrupción urbanística que está a ser investigada polo xulgado de Cambados. Trala declaración ante o xuiz da alcaldesa, Catalina González, o pasado venres, a formación nacionalista segue pedindo a sua demisión por considerar que a sua situación empeorou ó manterse todolos cargos que pesan sobre ela: prevaricación, soborno e tráfico de influencias. Cargos que, entende o BNG, son incompatibles co posto que ocupa e danan a imaxe do concello. E paralelamente, o BNG tamén…
Read the full description
presenta iniciativas no Parlamento Galego solicitando o cese da secretaria xeral de Urbanismo da Xunta, Encarnación Rivas, imputada tamén na investigación xudicial aberta. Asimesmo, o BNG pide que ó presidente da Xunta, Nuñez Feijo, explique no Parlamento o seu parecer sobre o feito de que unha alcaldesa do PP se manteña ó frente do Concello de Sanxenxo cando está imputada por presuntas irregularidades urbanísticas. Son os datos que esta mañá ofrecían en rolda de prensa en Sanxenxo o portavoz local da formación, David Otero, e a deputada Montserrat Prado. Con eles falabamos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA nesta entrevista de Alba Piñeiro.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.