Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O VIDEA FEST VOLVE A MISTURAR MUSICA, CINE E VIÑO NUNHA COMBINACION PERFECTA
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Videa Fest de Cambados regresa este ano cun programa centrado en catro días con novas adegas que se foron sumando ao proxecto, recuperando novos espazos e engadindo novos productos de calidade. Serán catro experiencias en espazos ou entornos vitivinícolas nas que se misturan cine, paisaxe, gastronomía, arte, música e viño. Nesta segunda edición as actividades seran os días 28, 29, 30 xuño e 1 de xullo. As entradas, que terán un prezo de 8 euros, pódense mercar dende xa a través da web videafest.com ou na Oficina de Turismo de Cambados. O Festival…
Read the full description
comeza o xoves 28 ás 20h en Pazo Baion, coa actuación de Gonzalo Arca, a proxección da película “Un paseo polas nubes” e as catas de Condes de Albarei e queixos de Galicia. O venres 29, tamén ás 20 horas, o espazo elexido será Terras de Lantaño, onde actuarán Nacho Pérez Trio, exhibirase o film “Bon Appetit” e degustaranse productos de embutidos Montiño O sábado 30, igual ás 20 horas, as actividades serán na adega Lagar de Costa, a actuación correrá a cargo do dúo Fado Violado, proxectarase a pelícúla “ O Secreto de Santa Victoria” e poderán probarse Conservas Mariscadora Por último, o 1 de xullo pecharase o Videa Fest ás 12 horas na Fundación Manolo Paz, co concerto de clausura do dúo Cómplices, os viños de Paco e Lola e os productos de novo de Conservas Mariscadora. Os detalles nolos contaron o Concelleiro de Cultura de Cambados, Victor Caamaño, e o organizador do Videa Fest, Xoan Mariño, na presentación do evento.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.