skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

A PLANTILLA DE COINBA TEME QUE O CONCURSO DE ACREEDORES SE DEBA A UNHA TRAMA URBANISTICA

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A plantilla da empresa COINBA, ubicada en Vilaxoán, non acaba de comprender os motivos da dirección da firma para presentar o concurso de acreedores. O comité de empresa, representado no sindicato CIG, expresaba esta mañá en rolda de prensa a súa incredulidade ante unha situación que pode levar ao peche da única empresa que queda na zona. Segundo a representante sindical Rosa Abuín, a firma ten unha débeda con Abanca e coa Seguridade Social por importe de 400.000 euros que, pensa, sería facilmente revertible mediante unha hipoteca da nave e da parcela…

Read the full description

na que se ubica. Sen embargo, ao seu entender, son diferencias entre os 11 socios as que desembocaron nesta situación. Ademáis, todo acontece cando, precisamente, estaban recuperando clientes. O comité de empresa asegura que a empresa é viable pero teme que se trate dunha trama urbanística debido a que a nave e a parcela encóntranse en primeira liña de praia. Por tal motivo, a vindeira semana pedirán ao Concello unha xuntanza para saber cómo están recalificados os terreos no PXOM. Asiemesmo, os representantes dos traballadores reuniranse o luns co administrador concursal e se a Seguridade Social non desbloquea as contas da empresa, unha medida que consideran dentro da ilegalidade, iniciarán mobilizacións.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.