skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

REMATAN AS OBRAS DE CONSOLIDACION DO EDIFICIO DA PRAZA DO CASTRO EN VILAGARCIA

As obras de consolidación e estabilización do edificio en ruínas da Praza do Castro de Vilagarcía quedarán rematadas nun par de días, tras máis de dous anos de situación bloqueada. O Concello decidiu acometer directamente as obras ante as constantes desobediencias das órdes municipais por parte da empresa propietaria do inmueble, Técnicas del Vidrio Transformado SL. Os traballos realizáronse en base a un proxecto redactado polos servizos municipais, cun importe de 65.000 euros, previa autorización de Patrimonio da Xunta. Concretamente, solidificáronse as estructuras con elementos metálicos…

Read the full description

para consolidar os muros da edificación, demoleuse a cuberta e tapiáronse fiestras e portas para impedir a entrada. Unha vez rematados os traballos, o Concello está diposto a chegar mesmo ata os tribunais na reclamación económica aos propietarios. Serán uns 220.000 euros: 65.000 polas obras, 80.000 por ocupación vía pública e o resto en multas coercitivas pendentes de pago. I e que o mal estado do inmoble obrigou ao corte dunha das rúas que unen a Praza do Castro coa Avenida da Mariña, en pleno centro da localidade, porque unha das fachadas laterais ameazaba con derrumbarse e tivo que ser apuntalada. O alcalde Alberto Varela e a Concelleira de Urbanismo, Paola María, inspeccionaron esta mañá os traballos e explicaban os detalles. O alcalde, Alberto Varela, resaltaba a “valentía” do seu goberno para desbloquear a situación de ilegalidade do inmoble, nunhas declaracións a pe de obra que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.