Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

QUINTANA CONDENA A POSIBLE SABOTAXE DE DOUS BARCOS DO CERCO EN CAMBADOS
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, condenou esta mañá a posible sabotaxe vinculada ao conflicto do cerco sufrida por dous barcos de Cambados pertencentes á mesma armadora, que esta semana se atoparon con todas as redes queimadas, supostamente con ácido. O patrón dunha das embarcacións vincula directamente o suceso co paro que dende hai meses está realizando unha parte do sector do cerco en Cambados polo reparto das cuotas de pesca para 2016. Estas dúas embarcacións están saíndo a faenar, xunto con outras 5 máis, mentres que outra media ducia leva tempo parada como medida de protesta. Os…
Read the full description
dous barcos afectados están atracados xuntos no porto de Tragove e tiñan os aparellos no peirao. E mentres a Garda Civil investiga os feitos, a Conselleira do Mar, Rosa Quintana, condena este tipo de actuacións e os marineros tentan arranxar no posible as redes queimadas, valoradas polo patrón en máis de 60.000 euros.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.