Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O ENTRAMADO EMPRESARIAL DA RESIDENCIA VALLE INCLÁN ENMARÁÑASE COA EXISTENCIA DUNHA NOVA FIRMA PARA DESVÍO DE FONDOS.
O conflicto laboral da Residencia Valle Inclán de Vilanova entra nun novo episodio. O sindicato CIG revelaba esta mañá a existencia dunha terceira empresa que baixo o nome de “Residencia de Maiores 2013” estaría desviando fondos para evitar as contas embargadas do xeriátrico. I e que a actual xestora, Nurtime, está en fase de liquidación, cunha débeda de preto de 4 millóns de euros e un ERE extintivo para os actuais 37 empregados da plantilla. Unha vez máis, a CIG considera á Xunta como cómplice da situación. Os datos revelábaos esta mañá en rolda de prensa o secretario comarcal da CIG, Xoan…
Read the full description
Xosé Bouzas Aboi. As súas declaracións recolleunas para AROUSA DIA A DIA a nosa compañeira Alba Piñeiro. E mentres tanto, as traballadoras despedidas de Valle Inclán deben agardar á liquidación de Nurtime para poder solicitar ás indemnización ó Fogasa. E o próximo día 20, o actual xerente Enrique Martínez Núñez debe declarar no xulgado de Cambados para responder pola querela interposta pola CIG contra el e contra a Conselleira de sanidade por malversación de fondos.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.