Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

Vilagarcia mercara sen ir a poxa a vivenda decomisada de marcial dorado
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Vilagarcía mercará directamente a vivenda decomisada a Marcial Dorado ubicada en Doutor Tourón sen participar na poxa do Plan Nacional contra a Droga. Pese a que o goberno municipal acordara en Xunta de Goberno presentarse á poxa, finalmente saiu adiante unha proposta que o alcalde Alberto Varela presentou ante a delegada do Plan na súa recente viaxe a Madrid. De tal xeito que o inmoble apartarase da subasta e será vendido directamente ao Concello de Vilagarcía polo mesmo prezo de saída, 170.047 euros, que o executivo local financiará…
Read the full description
con fondos propios. Segundo o alcalde de Vilagarcía, a delegada do Plan Nacional contra a Droga tivo en conta que a vivenda decomisada pasará a ser propiedade dunha administración municipal para recuperar un patrimonio en beneficio dos veciños. A idea do goberno local é rehabilitala e destinala a un uso público todavía sen determinar. A vivenda está ubicada nunha parcela de 663 metros cadrados, con planta baixa e piso de 130 metros cadrados construidos, ademáis de outras dependencias anexas. O prezo de compra está moi lonxe dos case 800.000 euros que costou no seu momento, pero necesita unha ampla reforma xa que actualmente se encontra moi deteriorada
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.