skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O DIQUE FLOTANTE DO PORTO DE O XUFRE ESTARA REMATADO A FINAIS DE ANO

Comezan as obras de construcción do dique flotante para o abrigo do muelle de O Xufre, da Illa de Arousa, no que Portos de Galicia inviste 1,2 millóns de euros. Portos de Galicia prevé que a infraestructura estea rematada a finais de ano, se as condicións meteorolóxicas non o impiden. O dique terá unha lonxitude total de 240 metros lineais dividido en 6 módulos que se conectarán entre sí formando unha única peza, anclada ó fondo mariño con 60 mortos de 12 toneladas cada un. Trátase dunha infraestructura demandada polo sector mariño da Illa para resgardar as embarcacións do vento a través dun…

Read the full description

proxecto que Portos de Galicia considera consensuado cos usuarios do peirao local. Sen embargo, o alcalde da Illa, Manuel Vázquez, non está de todo convencido co proxecto de Portos, considerando que se trata dun investimento demasiado elevado para tratarse dun dique flotante. Neste sentido, o rexedor isleño presentará unha moción en pleno para solicitar a Portos de Galicia a dotación de pantaláns para o amarre dos barcos. En todo caso, o Presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, visitaba esta mañá o inicio dos traballos e destacaba a importancia do proxecto, financiado polo organismo autonómico cun investimento de 1,2 millóns de euros.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.