skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

ADXUDICADAS AS OBRAS DE AMPLIACION DO HOSPITAL DO SALNES

As tan ansiadas obras de ampliación do Hospital do Salnés acaban de ser adxudicadas, no prazo límite previsto pero antes de que rematase o ano, tal e como viña reiterando a Consellería de Sanidade. A empresa que realizará a actuación será Dragados e Construcciones por un importe de 8 millóns de euros e os traballos previos comezarán xa a vindeira semana. Ademáis, para cando o recinto afectado polas obras perda parte do seu aparcamento xa estará operativo o novo aparcadoiro provisional. Estará situado nunha parcela situada nos accesos ó centro, propiedade da empresa Fundiciones Rey. A familia…

Read the full description

Rey cedeu os terreos de forma gratuíta e por un prazo de tres anos, en calqueira caso renegociables. As obras para habilitar este espazo no que collerán unhas 140 prazas de aparcamento correrá a cargo da Deputación de Pontevedra, consciente de que haberá que seguir xestionando outras zonas porque cando a ampliación do Hospital estea operativa serán necesarios novos estacionamentos. Todo elo se anunciaba esta mañá non exterior do Hospital comarcal, nun encontro no que estaban presentes representantes das administracións implicadas: o xerente da área integrada Pontevedra Salnés, José Manuel González, o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, o presidente da Deputación, Rafael Louzán, o alcalde de Vilagarcía, Tomás Fole, e o presidente da Mancomunidade do Salnés e alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán. Xunto a todos eles, estaba tamén o xerente da empresa Fundiciones Rey, que cede os terreos para o aparcamento. En AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA recollemos as declaracións.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.