Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

A PRAZA DA PEIXERÍA DE VILAGARCÍA REÁBRESE CON CUBERTA RENOVADA.
O edificio da Praza da Peixería volve a estar dispoñible para a celebración de actos públicos tras rematar as obras de renovación da cuberta. A actuación precisou dun investimento de 121.000 euros que se financiaron a través dunha subvención da Deputación provincial. A obra realizouse para resolver o problema de filtracións e goteiras que rexistraba a antiga cuberta e co obxecto de conservar e manter un emblemático edificio que forma parte do patrimonio local e está incluído no catálogo de bens a protexer. A empresa Jacinto Vidal, foi a adxudicataria da actuación consistiu na desmonte…
Read the full description
limpeza e montaxe de novo do tellado, ademais de impermeabilizar a estrutura no que se mantiveron as cerchas de ferro á vista como efecto estético. Tamén se arranxaron os canalóns, se pintou o enreixado e se eliminaron as humidades na oficina de turismo. Con estas obras, a Peixería gañou en confort, ao tempo que se preserva este edificio histórico das humidades. Unha vez rematada a renovación da cuberta, a Concellería de Urbanismo está xa proxectando a pintura exterior e interior do inmoble, para o cal solicitará á Deputación reinvestir os fondos sobrantes da licitación. Así o explicaban esta mañá na supervisión das obras o alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, e a concelleira de Urbanismo, Paola María, que tamén se referían as melloras que se están a realizar na anexa Plataforma de Autobuses para mellorar a accesibilidade cun paso elevado. Declaracións que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.